Encontro virtual con Maxi Porta: “Al otro lado de la barra”, precariedade na hostalería de Chipiona

En que se parecen Santiago de Compostela e Chipiona? No clima, non. Na temperatura da auga do mar, tampouco. Na música, menos. Nas tradicións, nada. Entón? Pois evidentemente: en que o traballo na hostalería ten os mesmos retos, loitas e problemas, de norte a sur, de este a oeste. As nosas condicións de traballo non dependen de coordenadas xeográficas, se non de algo estrutural. Como poñemos no debate público estas cuestións, tan necesarias, cando hai tanto medo a dar a cara e tanta desconexión entre as propias persoas que traballamos nisto?

Disto fala o documental “Al otro lado de la barra”, de Maximiliano Porta, un compañeiro de Chipiona que apostou por darlle voz ás traballadoras e traballadores. E con el estaremos -virtualmente, por suposto!- o vindeiro luns 27 de abril ás 20:00h nun encontro online moi especial, como as circunstancias actuais de todo o persoal do sector hostaleiro e do turismo, e que nos fai moita ilusión.

Que preciso para asistir? Detalles técnicos do encontro

Non vos preocupedes, que eliximos un xeito súper sinxelo de “vernos”! O encontro será a través da aplicación Zoom. A forma máis directa e sinxela de unirse á sala é pinchar nesta ligazón. Se non conseguides unirvos deste xeito, recomendámosvos que descarguedes a aplicación (para PC ou móbil) e a poñades a funcionar no dispositivo que máis cómodo vos resulte. Neste caso, vaivos pedir o ID da reunión, que é: 758 6792 0744.  Recomendamos, sexa como for, conectarse a través de WIFI, xa que as videochamadas consumen moitos datos.

IMPORTANTE! O encontro comezará ás 20.10, para deixar o tempo do aplauso diario (ese persoal sanitario, arriba!!!). Porén, a sala da xuntanza estará aberta dende antes para que vaiades pasando. Pregámosvos que, se é posible, vos conectedes antes das 20h, para poder comezar puntuais e que non nos boten do bar 😉

Seguro que algunh@s estades pensando que preferides que non se vos vexa a cara… no problemo! Podedes entrar coa vosa cámara desactivada, e o mesmo co audio silenciado. Podedes vir e asistir silenciosamente, sentándovos no fondo da barra. Atenderémosvos igualmente! 😉 O máis importante para nós é que vos animedes  a cruzar a porta e que saquedes algo positivo disto.


Como será o encontro?

Este encontro é totalmente aberto, podedes entrar sexades currantes ou amizades, familia, veciñanza… A hostalería é cousa de todo o mundo, tamén da clientela! Ao comezo do encontro explicaremos brevemente como pensamos moderar para que non haxa lío de voces e palabras, como faremos para a rolda de preguntas, etc.

Tamén falaremos (moi pouco, prometido!) de quen somos nós, Hostalería Sen Explotación, e axiña daremos paso a Maxi Porta, que nos meterá de cheo no tema, explicándonos como se fraguou a idea de facer “Al otro lado de la barra”, como compilou as testemuñas, que problemas xurdiron, que impacto tivo, cal é a situación actual alá no Sur.

Haberá tamén quenda de preguntas, e agardamos que o espazo dea tamén para compartir as experiencias de compis de distintas latitudes, para debatr sanamente, compartir as sensacións que temos neste estado de alarma que tanto petou no noso sector, etc.

Espallade a convocatoria!! Que se note o equipazo que somos e o que podemos facer cando nos xuntamos!! Temos un evento en FB no que podedes convidar ás amizades; tamén podedes partillar este post directamente nas vosas redes sociais. E, sobre todo, participade, reflexionade, e fagamos entre todas e todos unha rede de solidariedade e loita por unhas condicións que dignifiquen a profesión e a nós, que a levantamos.

Agardámosvos o luns!!

One thought on “Encontro virtual con Maxi Porta: “Al otro lado de la barra”, precariedade na hostalería de Chipiona

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s