HOSTALERÍA: Claros e Escuros

Con ledicia compartimos este documental que é froito do traballo desinteresado dun bo grupo de profesionais e amigos que quixemos poñer na sociedade as condicións nas que traballan miles de persoas na hostalería compostelana e, con toda seguridade, en moitas outras cidades e vilas, galegas e de toda España. Gravado xusto antes da pandemia, presenta puntos de vista de traballadores, empresarios, sindicatos e clientes, con datos sobre as condicións laborais recollidos pola plataforma Hostalería sen explotación en Compostela. O sector da hostalería é, sen dúbida, un dos máis significativos na cidade e no conxunto do país. A pandemia supuxo graves problemas para o sector, pero tamén compensacións millonarias polas Administracións, e cremos imprescindible abordar unha necesaria reforma que permita unhas condicións que, como reflicte o documental, están lonxe de ser dignas na enorme maioría dos locais.

E o docu https://www.youtube.com/watch?v=MTGBhzYZRTc

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s