Quen somos?

Cidadáns de  Santiago de Compostela que non nos conformamos con mirar o que está a pasar na hostalería. Somos responsables do que está sucedendo. A hostalería é un sector onde hai demasiada explotación.

Somos persoas que queremos unha Compostela aberta aos turistas e cidadáns, cun turismo cultural que xenere intercambio e riqueza. Queremos unha hostalería 100% profesional e que aporte orgullo á cidade. Queremos unha cidade cunha vida social sana que compatibilice o disfrute coas condicións dignas dos traballadores da hostalería.

O Partido político SAIn foi quen fixo o primeiro impulso desta campaña, mais houbo tamén outras accións doutros colectivos. Neste traballo que vos propoñemos contamos con todos: contigo camareiro, contigo hostaleiro, veciño, nai/pai de camareiro, cociñeiros, amigos, turistas… Contamos con todos.

Gustaríanos abrir un debate na sociedade compostelana para construir entre todos as medidas políticas que fan falta para ter unha hostalería profesional, digna, na que a explotación non teña cabida.